AGRÍCOLA A CURUXEIRA, S.C.

Lg. da Curuxeira s/n. 15553 Vilaboa
Valdoviño (A Coruña)
981 483 312
669 690 212
agricolacuruxeira@gmail.com

Agrícola Curuxeira en Facebook

Setas empanadas.

Categoría:

Entrantes

Dificultade:

Baixa

Tempo de elaboración :

De 40-60min

Ingredientes:

Número de comensais;  2


 

 

½ kg. de cogumelos.
1 ovo.
1 dente de allo.
Perexil.
1 culler de levedo.
Leite.
Pan relado.
Sal.
Aceite de oliva.

 

Elaboración

Setas empanadas.

 

  • Córtanse os cogumelos en láminas finas dun centímetro de grosor aproximadamente, de forma transversal ó sombreiro.
  • Mestúrade nun tubo de batedora o ovo co allo e o perexil, a culler de lévedo, un chisco de leite e o sal.
  • Introdúcense as láminas de cogumelos cortadas previamente na mestura e déixase repousar de 15 a 20 minutos. Transcurrido ese tempo empánanse os cogumelos normalmente e frítense en aceite de oliva.
  • Servir quente.

 

Truco para a receita: para que o empanado resulte mais doado e completo meta o pan relado que considere necesario nunha bolsa de plástico pequena, introduza os cogumelos na bolsa e axite.