AGRÍCOLA A CURUXEIRA, S.C.

Lg. da Curuxeira s/n. 15553 Vilaboa
Valdoviño (A Coruña)
981 483 312
669 690 212
agricolacuruxeira@gmail.com

Agrícola Curuxeira en Facebook

Cogumelos con bacallao.

Categoría:

Segundos pratos

Dificultade:

Media

Tempo de elaboración :

De 40-60min

Ingredientes:

Número de comensais;   2


 

250 gr. de bacallao.
1 kg. de cogumelos.
1 cebola .
2 dentes de allo.
Perexil.
Pementa branca.
100 gr. de xamón.
Manteiga.
½ vaso de viño branco.
Aceite.
Sal.

 

Elaboración

Cogumelos con bacallao.

 

 

  • Desalgar o bacallao a remollo durante 24 horas, cambiándolle dúas veces a auga. Limpiarlle as espiñas e fritilo ata douralo, escurríndoo despois e deixándoo en repouso.

 

  • Nunha perola de barro, e sempre a lume lento, déixase ferver a manteiga e o aceite, engadindo cebola, allo e xamón moi picados; antes de que doure engádese os cogumelos remexendo cunha culler de madeira. Cando os cogumelos solten a auga, engádese o viño e o perexil e déixase cocer lentamente.

 

  • Cando estean brandos engádeselles o bacallao cun pouco do aceite no que se fritiu, e cando o guiso estea case feito bótaselle o sal, a pementa, e se se quere, un chorriño de coñac.