AGRÍCOLA A CURUXEIRA, S.C.

Lg. da Curuxeira s/n. 15553 Vilaboa
Valdoviño (A Coruña)
981 483 312
669 690 212
agricolacuruxeira@gmail.com

Agrícola Curuxeira en Facebook

Cogumelos con ameixas.

Categoría:

Segundos pratos

Dificultade:

Baixa

Tempo de elaboración :

De 40-60min

Ingredientes:

Número de comensais;   2


Cogumelos.
Ameixas.
Pulpa de tomate.
Allo.
Cebola.
Perexil.
Aceite.
Viño branco.
Sal.

 

Elaboración

Cogumelos con ameixas.

 

  • Refógase en aceite un pouco de allo e de cebola picados e miúdos. Engádense a pulpa do tomate e o perexil e séguese refogando. Os cogumelos, ben lavados engádense ó fondo anterior cun pouco de viño branco. Déixase cocer.

 

  • As ameixas lávanse e póñense nunha tixola cun pouco de aceite e auga para abrilas sobre o lume. Ó caldo resultante engádeselle as ameixas con ou sen cuncha. Déixase dar un fervor e sazónase cun pouco de sal antes de retiralas do lume.