AGRÍCOLA A CURUXEIRA, S.C.

Lg. da Curuxeira s/n. 15553 Vilaboa
Valdoviño (A Coruña)
981 483 312
669 690 212
agricolacuruxeira@gmail.com

Agrícola Curuxeira en Facebook

Quén somos?

O natural é saúde

A explotación agropecuaria A Curuxeira atópase situada na parroquia de Vilaboa, concello de Valdoviño, ao carón do encoro de As Forcadas, nun enclave privilexiado tanto polo seu microclima como pola súa paisaxe, onde estamos a traballar dende o ano 1.994. Trátase dunha pequena explotación ecolóxica familiar duns 3.000m2 de cultivo baixo cuberta, e unhas 4ha. de cultivo ao aire libre, dedicadas á produción hortícola e gandeira.

porco celta

Convencidos de que as pequenas explotacións como a nosa non poden competir en volume e moito menos en prezo con macro explotacións, decidimos que o único xeito de supervivencia era desmarcarnos en calidade e así apostamos pola produción ecolóxica, deixando atrás un sistema de produción convencional que nin ética nin economicamente nos parecía xa sostible.

Dende o ano 2003 estamos inscritos no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), co número de operador de produción vexetal; GA/1188/PV/BLR. e número de operador de produción animal: GA/1329/PA/BQJ.

O CRAEGA vela porque todos os productores inscritos cumpramos escrupulosamente todas as normas que garanten a calidade e salubridade dos alimentos producidos, mediante visitas e controles periódicos.