AGRÍCOLA A CURUXEIRA, S.C.

Lg. da Curuxeira s/n. 15553 Vilaboa
Valdoviño (A Coruña)
981 483 312
669 690 212
agricolacuruxeira@gmail.com

Agrícola Curuxeira en Facebook

Qué ofrecemos?

Produtos da horta

Na Curuxeira cultívanse unha gran variedade de hortalizas, dando sempre prioridade ás variedades autóctonas en detrimento de variedades comerciais de maior produción pero inferiores en calidades organolépticas, e sempre mantendo un escrupuloso respecto ao medio ambiente. Así conseguimos que os nosos produtos conserven o sabor, a cor e o olor propios, de alimentos sans e altamente nutritivos e cunha gran calidade.

Entre outras cultivamos: Leitugas batavia, acelgas, espinacas, patacas, cebolas, cogombros, pementos morróns, tomates ensalada, ...

Gandería Porcina

Agrícola A Curuxeira, respaldada e asesorada pola Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (ASOPORCEL), cría de xeito natural e ecolóxico, aproveitando os recursos naturais do privilexiado entorno porcos da raza porcina Celta, principal raza autóctona galega.

Ler máis