AGRÍCOLA A CURUXEIRA, S.C.

Lg. da Curuxeira s/n. 15553 Vilaboa
Valdoviño (A Coruña)
981 483 312
669 690 212
agricolacuruxeira@gmail.com

Agrícola Curuxeira en Facebook

Por qué ecolóxico?

O home ten modificado enormemente o medio ambiente da terra, é dicir, a biosfera. O cambio que se está a producir é perxudicial para os ecosistemas e para a propia especie humana, ata o punto de amenazar a súa existencia como tal, quizáis nun futuro non demasiado lonxano.

Na agricultura, que é unha das ocupacións máis imprescindibles do ser humano, producíronse cambios abismais. Pasouse de respectar e considerar ao solo e ao medio natural como un aliado, á sobreexplotación, a querer pedir máis e máis, sen pensar nas consecuencias negativas, non só para o medio, senón tamén para nós.

porco celta

As consecuencias da sobreexplotación dos solos e a súa contaminación é máis que evidente e está sobradamente demostrada. Tamén sabemos que todas estas actuacións esquilmantes están levando a erosión e cara unha fatiga progresiva do solo, que se traduce en menores e peores colleitas ano tras ano.

Pola contra a agricultura ecolóxica pódese definir como a explotación racional e consecuente do medio, na que non se empregan produtos obtidos por síntese, contaminantes ou alleos ao medio onde se aplican, en ningún momento do proceso (produción, elaboración, conservación, ou incluso transporte), ademais de empregar técnicas culturais axeitadas e consecuentes cos procesos ecolóxicos e potenciar os recursos naturais do ecosistema onde se asenta.

Os principios e prácticas nas que se basa a agricultura ecolóxica aparecen recollidas no documento de normas de IFOAM:

  • Producir alimentos de alta calidade nutritiva e en cantidade suficiente.
  • Traballar cos sistemas naturais máis que pretender donimalos.
  • Fomentar e potenciar os ciclos biolóxicos dentro da explotación, implicando a microorganismos, flora e fauna edáfica, prantas e animais.
  • Manter e incrementar, a medio e longo prazo, a fertilidade do solo.
  • Empregar, ata onde sexa posible, recursos renovables.
  • Traballar, tanto como sexa posible, nun sistema pechado, con especial atención á materia orgánica e elementos nutritivos.
  • Darlle as condicións de vida ao gando que lle permita desenvolver todos os aspectos do seu comportamento innato.
  • Evitar calquera forma de contaminación que poida xurdir das prácticas agrícolas.
  • Manter a diversidade xenética do sistema agrícola e os seus arredores, incluíndo o protección de prantas e o hábitat silvestre.
  • Permitirlle aos agricultores uns ingresos económicos dignos, realizando o seu traballo nun entorno saudable e en armonía coa natureza.
  • Considerar o amplo impacto que xera, no ámbito social, ecolóxico e económico, un determinado sistema de explotación agrícola.
porco celta

A Agricultura Ecolóxica define un modo de desenvolvemento que satisface as necesidades presentes sin comprometer as futuras.

Dende Agrícola A Curuxeira parécenos importante sinalar que este desenvolvemento sostible non é unha escolla para a sociedade ou para as empresas, senón unha condición esencial e imprescindible para a súa pervivencia como tales entidades.

O progreso é cando un dá un paso e logo pode dar outro despois do primeiro.
Richard Müller