AGRÍCOLA A CURUXEIRA, S.C.

Lg. da Curuxeira s/n. 15553 Vilaboa
Valdoviño (A Coruña)
981 483 312
669 690 212
agricolacuruxeira@gmail.com

Agrícola Curuxeira en Facebook

O porco celta

A raza porcina Celta foi a mais importante de Galicia, sendo a única que campaba polas súas terras. Os máis vellos aínda lembran as súas boas cualidades, ata que a comezos do século XX, sufriu unha marcada reducción censal debido, máis que nada, á importación de razas foráneas e polo cruzamento destas ata case chegar á súa desaparición.

Na actualidade está incluída no Catálogo Oficial de Razas de Gando de España, como unha raza autóctona de protección especial ou en perigo de extinción polo Real Decreto 1682/1.997 de 7 de Novembro.

porco celta

Dende Agrícola A Curuxeira pretendemos, dentro das nosas posibilidades, garantir a perdurabilidade e autosustentabilidade da raza porcina celta, de xeito que serva como unha alternativa á producción e á renda agraria, e que o produto resultante axude a reforzar a imaxe dos produtos galegos. Para acadar isto empregamos un sistema de produción baseado no aproveitamento dos recursos naturais, (a maioría infrautilizados), e baixo unhas premisas de respecto cara os animais e ao medio ambiente, contemplando un código de boas prácticas gandeiras, e producindo nas condicións mais naturais posibles, obtendo deste xeito un producto exquisito.

Os nosos animais nacen e críanse na propia explotación, gozando dun contacto directo coa natureza, nuns pastos adicados a eles en exclusividade, onde o seu crecemento non é forzado, alcanzando a idade de sacrificio en torno ao ano e medio. A súa alimentación está basada nun equilibrado composto de cereais de procedencia ecolóxica, un achegue vexetal en forma de aproveitamento do terreo, e o destrío da nosa producción hortícola.

porco celta

Polas súas características organolépticas esta raza é moi apreciada polo consumidor máis esixente, xa que presenta uns produtos resultantes dunha canle de un gran valor comercial; pola xugosidade que lle aporta o veteado que a caracteriza e pola composición dos ácidos graxos. A raza é reputada polo elevado tenor graxo intramuscular e pola súa gran adaptación á cría ao aire libre.

Para conseguir todo isto contamos co asesoramento e o respaldo de Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (ASOPORCEL), que naceu en Triacastela, (Lugo), no ano 1.999. coa finalidade de recuperar, conservar e fomentar a raza autóctona Porco Celta.

A garantía da pureza da raza ven avalada pola Certificadora Soutos Galegos, S.L., posta en marcha no 2.009.

Os organismos antes citados, así como o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, avalan a seriedade do noso traballo e pretendemos que sexan unha garantía para os nosos clientes.